Os concelleiros socialistas Iván Puentes e Yoya Blanco visitaron esta mañá a Óptica Mira Maruxa, situada na rúa Joaquín Costa (a carón co Colexio Calasancio) coa finalidade de recibir o mellor asesoramento posible para adquirir unhas novas lentes de sol de cara ao inminente inicio do verán. Os responsables do establecemento, Ismael Pardo e Tania López, aconsellaron a Puentes e Blanco os mellores modelos para ‘vestir’ os seus respectivos rostros, atendendo tanto aos aspectos estético e de moda como ao de comodidade.
“Eu son deses que sempre dá moitas voltas á hora de mercar unhas lentes de sol ou unha prenda de roupa, e a verdade é que grazas aos profesionais de Mira Maruxa resultou moi sinxelo dar co modelo que máis se adapta ao meu estilo, que é por suposto un estilo moi PonteLover”, asegurou Iván Puentes tras mercar as súas lentes de sol.



