Search
Close this search box.

PonteSán, o maior evento socio sanitario que se celebra en Galicia, pon en marcha a súa III edición con 40 entidades expositoras e un intenso e variado programa de actividades centrado na saúde mental

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o tenente de alcalde, Tino Fernández; o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, e a deputada provincial de Cohesión Social, Olga García Ballesteros, participaron esta mañá na enorme carpa instalada na Praza de España no acto inaugural da III Feira da Saúde e o Benestar PonteSán, organizada pola Concellería de Deportes e Saúde en colaboración coa Deputación Provincial. O maior evento socio sanitario que se celebra en Galicia púxose en marcha cunha participación récord (máis de 40 entidades expositoras, entre colectivos, colexios profesionais e institucións vencelladas ao sector sanitario) e cun intenso e variado programa especialmente orientado a combater os efectos negativos da pandemia no noso estado de ánimo e a optimizar a nosa saúde mental e benestar emocional.


Entre as moitas actividades programadas para esta primeira xornada pódense un punto de asesoramento e información sobre saúde mental a cargo da psicóloga sanitaria Marta Boquete, da Asociación Alba; unha charla titulada ‘Aprende a quererte e coidarte para mellorar a túa xestión emocional’ impartida por Nieves Fernández, voluntaria de Cruz Vermella, e o relatorio participativo ‘Na procura dunha boa saúde mental’, orientado a fomentar estilos de vida saudables de cara a unha mellor saúde mental e protagonizado pola psicóloga clínica Montse García. 


Para esta tarde teremos por diante unha presentación a cargo de membros da directiva da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo), un obradoiro sobre como darlle cor ás bolsas de ostomías protagonizada por Asseii, unha exhibición de petanca, fútbol a pé, waterpolo na rúa, actividades de atletismo, 3×3 de basket, un taller de cociña saudable adaptada á enfermidade renal, outro de exercicios hipopresivos e un centrado na drenaxe linfática, unha charla sobre ‘Detección precoz da xordeira’… E dous dos pratos fortes do día, cun relatorio sobre ‘O estrés e as emocións desde a saúde mental’ da man do doutor Javier Vicente, médico psiquiatra do Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés; outro titulado ‘O suicidio e a sociedade’, con José Luis Buceta, enfermeiro especialista do Servizo de Psiquiatría da Á.S. de Pontevedra-O Salnés, e unha mesa redonda sobre a ‘Importancia do deporte na saúde física e mental’, na que participarán tódalas asociacións e federacións deportivas presentes na feira e que estará moderada polo colexiado Colef Roberto Silva.

Tralas súas intervencións de apertura, Lores, Fernández, Rey e Ballesteros protagonizaron unha visita por tódolos stands participantes en PonteSán, á que tamén se sumaron os concelleiros socialistas Iván Puentes e Yoya Blanco e os ‘populares’ Guillermo Juncal e Silvia Junco.

As entidades desta III Feira da Saúde son as seguintes:

1. Deputación de Pontevedra

2. Concello de Pontevedra: MetroSán

3. Sergas

4. Asociación de Celíacos de Galicia (Acega)

5. Asociación de Persoas Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam)

6. Asociación Española Contra o Cancro (Aecc)

7. Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Afapo)

8. Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela)

9. Asociación Galega de Linfedema (Agl) + Nordic Walking Vigo

10. Alba, Asociación de Familiares e Amigos de Persoas con Enfermidade Mental

11. Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer)

12. Asociación de Alcohólicos Anónimos

13. Asociación de Nenos, Nenas e Xente Nova con Diabete (Anedia)

14. Amencer-Aspace (Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns) + Programa Rodando

15. Asociación de Párkinson de Pontevedra (Apropark)

16. Art For Dent (Asociación Galega da Enfermidade de Dent)

17. Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo)

18. Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (Asem Galicia)

19. Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados (Asseii)

20. Cruz Vermella

21. Asociación Juan XXIII

22. Liga Reumatolóxica Galega

23. Xoga, Organización de Diversidade Sensorial de Galicia

24. Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure) + Asociación Galega de Xogadores Anónimos (Agaxa)

25. Asociación Huesos de Cristal (Ahuce)

26. Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia (Codinugal)

27. Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia

28. Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Galicia (Colef Galicia)

29. Federación Galega de Natación (natación, natación sincronizada e waterpolo)

30. Federación Galega de Balonmán

31. Federación Galega de Baloncesto

32. Federación Galega de Xadrez

33. Federación Galega de Baile

34. Federación Galega de Tenis de Mesa

35. Federación Galega de Piragüismo

36. Federación Galega de Rugby

37. Federación Galega de Atletismo

38. Fundación Monte Castrove 

39. Asociación de Amigos do Camiño Portugués

40. Galidance

Compartir publicación: