Search
Close this search box.

Yoya Blanco inaugura a I edición do PonteAlmorzo cunha ‘cata’ por algúns dos 19 bares e cafeterías participantes no certame

A cidadanía poderá decidir desde hoxe e ata o 15 de maio cal dos 19 bares e cafeterías participantes na I edición de PonteAlmorzo prepara o ‘Mellor Almorzo de Pontevedra 2022’ (cuxo responsable recibirá unha placa conmemorativa e unha masterclass como galardón). O certame foi inaugurado esta mañá cun corte simbólico de cinta e unha cata inaugural por diversos establecementos protagonizados pola concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco; o presidente da asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Daniel Lorenzo; o vicepresidente do colectivo, Rafael Rúa, e o seu secretario, Antonio Fernández.


Os almorzos ofertados teñen un prezo de 4 euros e están compostos, como mínimo, dunha bebida quente, unha bebida fría, un petisco/tapa doce e/ou un petisco salgado. Sortearanse tres premios de 100 euros para gastar nos locais participantes entre o público que deposite as súas valoracións nas urnas instaladas a tal efecto.


Os establecementos participantes neste certame gastronómico, deseñado no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro co obxectivo de poñer en valor, promocionar e dinamizar o traballo das cafeterías e bares que ofrecen almorzos a diario, son os seguintes:


1. Café Moderno (Praza de San Xosé, 3). ‘Casares’: Café, infusión ou colacao, bocadillo de xamón serrano con puré de tomate quente e zume natural.


2. Café bar Chalo (Joaquín Costa, 42, baixo). ‘Sale el sal’: Sándwich de avea, zume e café, infusións ou colacao.


3. Mamá Sofía Panadería Degustación (San Antoniño, 83). ‘Desayuno Sofía’: Zume de froitas natural, torrada de tomate natural triturado con aguacate + café, infusións ou colacao.


4. El Patio Kinder Bar (Virxe do Camiño, 11, baixo). ‘Desayuno Pawa’: Café, infusión ou colacao, zume de laranxa natural e mini torrada de tomate, aguacate e sementes de liño, chía e sésamo. 


5. Café Bar Lelé 2 (Fernando Olmedo, 5). ‘Desayuno Lelé’: Café, infusión ou colacao, zume natural de laranxa, churro e tosta de serrano con aceite.


6. La Buena Vida (Blanco Porto, 4). ‘Buenos días Buena Vida’: Café, infusión ou colacao, zume laranxa natural, biscoito e tosta de tomate con xamón e aceite de alfábega ao toque allo negro.


7. Cafetería Sonata (Peregrina, 66). ‘Desayuno con diamantes’: Café, colacao ou infusión. Zume de laranxa e amorodo natural, froita fresca, galleta de espelta con xamón ibérico, iogur con muesli e doce do día.


8. Café bar 33 (Rosalía de Castro, 78). ‘Madruga conmigo’: Café, cola cao ou infusión, zume natural, macedonia, petisco de tortilla e doce do día.


9. Adega dos Avós (Gutiérrez Mellado, 6, baixo). ‘Antojos Gourmet’: Café, infusión ou colacao, gazpacho de amorodo, ovo duro e pan de pita recheo de torta de queixo.


10. Piada Romagnola (García Camba, 2). ‘Bris for Breakfast’: Café, infusión ou colacao, zume e opción de piada salgada ou doce a elixir.


11. Lulo Gastrobar (Joaquín Costa, 14). ‘Vuelta al mundo’: Café cremoso con chocolate fundido e cacahuete. Lulada valluna e hotcake asiático.


12. Cervecería Lola (José Casal). ‘Lola’: Café, infusión ou colacao + zume de laranxa + biscoito + petisco pantumaca + minitosta con marmelada.


13. El Dulce de Leche Alameda (Marqués de Riestra, 35). ‘Dulce desayuno’: Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.


14. El Dulce de Leche Raíña Vitoria (Raíña Vitoria, 5). ‘Dulces días’: Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.


15. Vía Nai (Isabel II, 22). ‘Homenaje’: Café blend ‘Vía Nai’ elaborado en V60, limoada, biscoito húmido de chocolate e ovos á cazola con bacon, ceboliño e sal de Ibiza.


16. El Cafetín (parque da Alameda). ‘Cafetín’: Café de améndoa, tosta de millo con aguacate e tomate aliñado, zume Vital e mini croissant con marmelada de arandos.


17. Moi Bo (Michelena, 34). ‘Quedei como un pepe’: Bebida quente composta de café, infusión ou colacao. Bebida fría de zume de froitas. Petisco doce (mini croissant). Petisco salgado composto por queixo, aguacate, xamón serrano, tomate e aceite de oliva.


18. Cafetería Bachata (Eduardo Pondal, 40). ‘Bachata’: Café, infusión ou colacao, zume, torradas ou croissant artesán.


19. Pumpernickel Artisan Bakery (Sagasta, 22). ‘Wonderland Breakfast’: Café, zume de laranxa con froitas variadas, tosta de crema salgada vegana tipo queixo con tomates asados e galletiña de espelta e avea.

Compartir publicación: