Tralo intenso programa de actividades reivindicativas, conmemorativas e culturais desenvolvido en marzo, as iniciativas deseñadas pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra con motivo do 8M (Día Internacional da Muller), proseguen con forza no rural neste mes de abril a través do proxecto Somos Quen 2022. Colectivos de ata 17 parroquias xa puxeron ou van poñer en marcha nas vindeiras semanas unha variada oferta de talleres e cursos para mulleres, que abranguen desde manualidades e actividade física ata nutrición, fotografía ou risoterapia.
A concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, sinala que “despois de que a pandemia interrompese a súa realización (levaba sen facerse desde 2019), o programa Somos Quen, desenvolvido a través das asociacións de mulleres e demais tecido asociativo do rural, volveu este 8M cunha moi boa acollida”. As accións propostas, que se celebrarán ata o mes de xullo, céntranse en tres grandes bloques: Actualízate (Dispositivos dixitais, Márketing online, Oratoria e Activismo feminista), Creatividade (Cestaría, Arteterapia e Fotografía e Comunicación visual) e Saúde e Benestar (Botica natural e benestar, Estimulación cognitiva e psicomotriz, Risoterapia, Bailoterapia, Ioga, Pilates, Automasaxe relaxante, Alimentación e nutrición saudable).
Esta sería a relación concreta de cursos seleccionadas en cada parroquia, así como a data de comezo e o seu horario:
