Search
Close this search box.

Como axudar o pobo ucraíno

Ao longo dos últimos días, son moitas as iniciativas solidarias xurdidas nos diferentes puntos do noso municipio que pretenden axudar o pobo ucraíno logo do ataque ruso sufrido. 

Por mor das dúbidas xurdidas entre os concellos que conforman o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e en coordinación coa FEGAMP, que está a seguir as pautas recibidas desde o Goberno Central, quedan nesta publicación as indicacións para a canalización da solidariedade dos pontevedreses e as pontevedresas co pobo ucraíno. 

1. A PRIORIDADE MÁXIMA é coñecer os RECURSOS HABITACIONAIS cos que se contan nos diferentes concellos e deputacións. Así, no caso de querer poñer a disposición un recurso deste tipo, podes poñerte en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra, no teléfono 986804300 ext 7452 ou tamén no correo redeaxuda@pontevedra.eu

2. PRÉGASE QUE NON SE FAGA ACUMULACIÓN DE ALIMENTOS, MANTAS OU OUTROS MATERIAIS DE PRIMEIRA NECESIDADE PORQUE AS ONG QUE XESTIONAN O REPARTO DA AXUDA NO TERREO ESTÁN COLAPSADAS. Ademais, Rusia está impedindo que os camións cargados con axuda humanitaria cheguen até á poboación afectada en Ucraína. Polo tanto, non se pode garantir a correcta distribucións dos materiais nin tan sequera que estes cheguen a destino.

Doutra banda, o Fondo Galego lembra que unha das opcións máis eficientes á hora de querer ofrecer axuda, pasa esta pola achega económica ás ONG ou administracións locais que están dando apoio á poboación ucraína afectada para que merquen o que realmente precisan. Neste caso, ao tratarse de países europeos, hai garantías de que poden conseguir os materiais que precisan, evitando gastos innecesarios de transporte coa consecuente pegada medioambiental. A Secretaría de Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización de achegas económicas a ONG e organismos internacionais despregados en terreo:

Desde o Fondo Galego fan un chamamento á calma e á orde. «Sabemos que hai moita vontade por parte do municipalismo galego de colaborar co pobo ucraíno, mais precisamos facelo de xeito organizado e coordinado, escoitando as recomendacións das administracións públicas competentes e non acreditando en todo o que escoitamos e lemos nos medios, senón acabamos entorpecendo as xestións para materializar a axuda, como xa está acontecendo», sinalan.

Compartir publicación: