A United World Wrestling confirma oficialmente por carta a concesión a Pontevedra do Campionato do Mundo de Grappling U17 e U20

O presidente da United World Wrestling (UWW), Nenad Lalovic, vén de confirmarlle oficialmente por carta á Federación Española de Loitas Olímpicas e Disciplinas Asociadas a concesión a Pontevedra do Campionato do Mundo de Grappling U17 e U20. Este evento servirá de aperitivo do Campionato do Mundo de Loita U23 que a nosa cidade acollerá entre o 17 e o 23 de outubro.


O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, amosouse “tremendamente satisfeito con este espaldarazo, que ratifica a confianza que a UWW ten en Pontevedra como sede organizadora de campionatos internacionais desta disciplina”. “A nosa experiencia en grandes eventos e as nosas excelentes instalacións, alén da nosa gastronomía e da beleza do contorno natural da cidade, fan que haxa poucas capitais que poidan ofrecer o que nós ofrecemos. Pontevedra é xa, tamén no mundo da loita, un referente mundial”, asegura o edil do PSOE.

Velaquí a carta remitida por Lalovic:

Compartir publicación: