O rural e os barrios acollen mañá espectáculos de Nadal e maxia

Canicouva, Ponte Sampaio, Salcedo, Gorgullón, Monte Porreiro, Mourente e Barcelos acollen mañá distintos espectáculos de Nadal.

Na cidade continúa o Magomóbil do Mago Antón e o espectáculo Quebranoces.

O Poboado de Nadal da Ferraría permanece aberto para sacar imaxes de fecilitación do Nadal, deixar as cartas aos Reis Magos e comprar productos de agasallo destas datas.

As parroquias e os barrios teñen o seu propio peso nas Festas de Nadal que programa Concellaría de Festas neste 2021. Os veciños e veciñas gozan de espectáculos e obradoiros en todos os centros sociais do rural e dos barrios durante todo o mes de decembro e até despois de Reis. Ponte Sampaio, Canicouva, Mourente, O Gorgullón, Monte Porreiro, Salcedo ou Barcelos son mañá unha boa mostra desa proposta.

O luns, 27 de decembro, a Concellaría de Festas programa sete espectáculos e actividades distintas en outros tantos locais sociais e espazos públicos das parroquias e dos barrios. Os espectáculos previstos son:

  • Canicouva: Local social. Ás 16.00 horas. O soño de Fifo.
  • Praza de Barcelos. Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación de rúa ás 16.30 horas.
  • Ponte Sampaio. Local social. Ás 17.00 horas Maxia cómica “O Rei Midas”
  • Salcedo: Casa Verde. 17.00 horas. Burbullas do Nadal.
  • O Gorgullón. Local social. 17.00 horas Alucina co mago Javier Muro.
  • Os Campos – Mourente: 17.00 horas. Vaia Frío!
  • Monte Porreiro. Local Social. 17.00 horas. Un Nadal cheo de contos.

Mago Antón

Ademais, a Concellaría de Festas reforza a programación do ámbito urbano que continúa até o mércores co maxia do Mago Antón no seu Magomóbil. 

No Paseo de Montero Ríos ofrecerá sete pases diarios, 28 en total, abertos a todos os públicos e con entrada de balde até completar aforo. A máscara será de uso obrigatorio.

Os espectáculos serán ás seguintes horas: 12.00 h., 13.00 h., 17.00 h., 18.00 h., 19.00 h., 20.00 h. e 21.00 h.

Tamén está previsto o espectáculo Quebranoces polo centro histórico a partir das 17.00 horas. 

Poboado Tempo de Nadal

Xunto ás actividades, a Concellaría de Festas mantén o Poboado Tempo de Nadal na Ferraría que nestes días cambiou a súa proposta de produtos de decoración de Nadal por agasallo pensando tanto no día de Nadal como no de Reis. 

Os visitantes poden sacar as mellores imaxes do Nadal de Pontevedra para felicitar as festas e o Aninovo, e tamén deixar as cartas ás súas maxestades de Oriente no buzón instalado dentro do poboado.

O poboado estará aberto até o 5 de decembro en horario de mañá e de tarde.

Compartir publicación: