O tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, asistiu esta mañá no CEIP Álvarez Limeses á primeira das charlas sobre ‘Educación e deporte. O deporte na etapa escolar’ organizadas polo seu departamento para este curso 2021-2022 en colaboración co Club Cisne Balonmán. Este relatorio inaugural contou coa presenza do presidente do club pontevedrés, Santi Picallo, e estivo protragonizado polo central Álvaro Preciado, o músico Antón Ke e dous colaboradores da Concellería de Educación no proxecto ‘O teu cole na historia’, os creativos Kike Mauricio e Carlos Taboada, da firma Polo Correo do Vento, que teñen un pasado como xogadores de balonmán no Cisne.
Segundo subliñou Tino Fernández, este programa ten a finalidade de transmitir aos escolares pontevedreses de 5º e 6º curso de Educación Primaria “a perfecta compatibilidade entre o deporte de base, a alta competición e os estudos, tanto de Primaria e Secundaria como universitarios”. A través da experiencia do Club Cisne de Balonmán, e da man dalgúns dos xogadores do equipo de División de Honra Prata, os alumnos e alumnas coñecerán como medraron tanto deportivamente como academicamente, e como acadaron éxitos deportivos sen esquecer as súas obrigas escolares e académicas.
A actividade impulsada pola Concellería de Educación desenvólvese en charlas duns 50 minutos impartidos aos grupos/aulas dos colexios que así o solicitaran (ou que o soliciten). Entre as finalidades pedagóxicas deste proxecto inclúense as de asociar a educación académica co deporte de base e coa preparación para a alta competición; comprender a relación existente entre o deporte e a conduta académica, mediante os valores de traballo en equipo, organización e mellora das capacidade de entendemento; adquirir hábitos de disciplina, colaboración e admisión de xerarquías respecto de adestradores, mestres/as…, e asumir a responsabilidade sobre as decisións persoais respecto á preparación de tarefas.
Deste xeito, en cada charla/obradoiro estase a promover a conciencia por parte dos alumnos da posibilidade real e efectiva de compatibilizar deporte e estudos.
Ata a data, xa confirmaron o seu interese en participar neste programa sobre ‘Educación e deporte. O deporte na etapa escolar’ os seguintes centros educativos e grupos/aulas:
CEIP Álvarez Limeses
Luns 20 de decembro
5º A
5º B
CEIP Marcón
5º 25 alumnos/as
6º 23 alumnos/as
CEIP A Xunqueira II
5º A 22
5º B 22
6ºA 24
6ºB 23
CEIP Froebel
5ºA: 22
5ºB: 21
6ºA: 21
6ºB: 20
CEIP Daría González García
5º 9
6º 9
CEIP San Martiño
5º 25
6º 24
CEIP A Xunqueira I
5ºA 18
5ºB 18
6ºA 23
6ºB 25
CEP Marcos da Portela
5ºA 22
5ºB 23
6ºA 22
6ºB 22
6ºC 22
CEIP de Parada-Campañó
5º 13
6º 15
CEIP San Benito de Lérez
5º 20
6º A 14
6º B 14

