Está formado por imaxes do Fondo gráfico do Museo de Pontevedra e do Fondo fotográfico do Concello de Pontevedra. Amosa instantáneas da vida das monxas, os espazos de encontro, o estado de conservación, a Igrexa, os coros de clausura ou a reforma da rúa nos anos sesenta.
Editáronse 15.000 exemplares que poderán recollerse dende mañá na Oficina de Turismo da Casa Consistorial e nas dependencias de Michelena, 30.
Tamén se está a entregar nas visitas guiadas desta fin de semana aos xardíns de Santa Clara.
Dende mañá, o Concello de Pontevedra pon a disposición de toda a veciñanza o calendario municipal 2022 que ten como temática o Convento de Santa Clara, dada a efemérides histórica que vén de vivir a cidade coa compra do convento. O calendario de mesa recolle 24 instantáneas: 12 antigas e 12 contemporáneas do convento e da súa contorna.
Editáronse 15.000 exemplares que poderán recollerse na Oficina de Turismo da Casa Consistorial e no edificio administrativo de Michelena, 30. Ademais, estase a entregar nas xornadas de portas abertas do Convento que organiza a Concellaría de Patrimonio Histórico esta fin de semana.
O calendario amosa diversos aspectos e momentos da vida no Convento, dende os xardíns até a reforma exterior da rúa, así como traballos diarios das monxas ou o estado de conservación que presentaba Santa Clara no ano 2019, cando se fixeron as Xornadas de patrimonio invisible organizadas pola Concellaría de Patrimonio Histórico que permitiu entrar por vez primeira ao convento.
As fotos históricas forman parte do fondo gráfico do Museo de Pontevedra que quixo colaborar dende o primeiro momento con este proxecto facilitando todas as imaxes que custodia (tanto en propiedade como de distintos fondos fotográficos). O departamento do Arquivo municipal tamén participou na confección do calendario.
Cada mes dispón dunha imaxe histórica e doutra contemporánea. Entre as históricas pódese ver a cabeceira da Igrexa de J Pintos de 1915, a fachada setentrional de F. Zagala cara 1900, o estado da rúa Santa Clara a primeiros do século XX, ou un dos lavadoiros do convento con tres monxas tamén de Zagala cara 1905. Cabe lembrar que unha fonte de ingresos da comunidade relixiosa foi lavar a roupa das familias pontevedresas.
Tamén aparecen imaxes dos anos 40 e 60 como o xardín do convento, situado ao carón do claustro, cunha persoa traballando; o enreixado das fiestras das celas; unha instantánea das monxas dirixíndose cara o pozo e a Capela dos Anxos; ou a reforma da rúa Santa Clara do arquitecto Pons Sorolla.
Dos anos 80 son as imaxes do Refectorio ou do lagar, situado na planta baixa do convento.
Ao respecto das contemporáneas, realizadas maiormente polo fotógrafo local Gustavo Santos, recolle 12 instantáneas realizadas durante a visita que realizou a Concellaría de Patrimonio Histórico ao Convento de Santa Clara no verán de 2019, no marco da Semana do Patrimonio invisible.
Amosan a fonte do xardín do claustro, a capela dos Anxos, os locutorios nos que as monxas podían comunicarse coas súas familias, un dos corredores do convento, o xardín do claustro, o coro alto, as celosías os enreixados e a igrexa, o coro baixo ou unha imaxe aérea de Santa Clara.
Ao igual que calendario de 2021, o do vindeiro ano tamén dispón dunha última páxina que ten un código QR que permite obter máis información sobre Santa Clara ao remitir a un web no que se poden ver as imaxes. Tamén remite á nova páxina web sobre Santa Clara
Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 12 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 11 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 1 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 2 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 3 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 4 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 5 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 10 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 9 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 8 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 7 Santa Clara historicas @MuseodePontevedra 6











