A Concellería de Educación pon en marcha un ciclo de charlas sobre ‘Educación e deporte. O deporte na etapa escolar’ nos colexios de Pontevedra en colaboración co Club Cisne Balonmán

O tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, achegarase o vindeiro luns 20 de decembro ás 11:25 horas ao CEIP Álvarez Limeses para asistir á primeira das charlas sobre ‘Educación e deporte. O deporte na etapa escolar’ organizadas polo seu departamento para este curso 2021-2022 en colaboración co Club Cisne Balonmán. Esta iniciativa ten o obxectivo de transmitir aos escolares pontevedreses de 5º e 6º curso de Educación Primaria a perfecta compatibilidade entre o deporte de base, a alta competición e os estudos, tanto de Primaria e Secundaria como os estudos universitarios.


“A través da experiencia do Club Cisne de Balonmán -explica Tino Fernández-, de man dos seus xogadores do equipo de División de Honra Prata, os alumnos e alumnas coñecerán como medraron tanto deportivamente como academicamente, e como acadaron éxitos deportivos sen esquecer as súas obrigas escolares e académicas”.

A actividade impulsada pola Concellería de Educación desenvolverase en charlas duns 50 minutos impartidos aos grupos/aulas dos colexios que así o solicitaran (ou que o soliciten). Segundo sinala o tenente de alcalde, “entre as finalidades pedagóxicas deste proxecto inclúense as de asociar a educación académica co deporte de base e coa preparación para a alta competición; comprender a relación existente entre o deporte e a conduta académica, mediante os valores de traballo en equipo, organización e mellora das capacidade de entendemento; adquirir hábitos de disciplina, colaboración e admisión de xerarquías respecto de adestradores, mestres/as…, e asumir a responsabilidade sobre as decisións persoais respecto á preparación de tarefas”.


En cada charla/obradoiro promoverase pois a conciencia por parte dos alumnos da posibilidade real e efectiva de compatibilizar deporte e estudos.


Ata a data, xa confirmaron o seu interese en participar neste programa sobre ‘Educación e deporte. O deporte na etapa escolar’ os seguintes centros educativos e grupos/aulas:


CEIP Álvarez Limeses

Luns 20 de decembro

5º A 25 alumnos

5º B 25 alumnos


CEIP Marcón

5º 25 alumnos/as

6º 23 alumnos/as


CEIP A Xunqueira II

 5º A 22

5º B 22

6ºA 24

6ºB 23


CEIP Froebel

5ºA: 22

5ºB: 21

6ºA: 21

6ºB: 20 


CEIP Daría González García

5º 9

6º 9

CEIP San Martiño

5º 25

6º 24


CEIP A Xunqueira I 

5ºA 18

 5ºB 18 

6ºA 23 

6ºB 25 


CEP Marcos da Portela

5ºA 22 

5ºB 23

 6ºA 22 

6ºB 22 

6ºC 22 

CEIP de Parada-Campañó 

5º 13 

6º  15 

CEIP San Benito de Lérez

5º  20

6º A 14

6º B 14

Compartir publicación: