Search
Close this search box.

Pontevedra recolle en Madrid o galardón da FEMP pola rede de parques periurbanos

O concelleiro responsable de Montes, Alberto Oubiña trasladouse a Madrid para recoller o recoñecemento ao proxecto que quedou finalista na categoría de Infraestrutura verde, dentro da convocatoria do III Premio de boas prácticas locais pola biodiversidade.

O concelleiro responsable de Montes, Alberto Oubiña recolleu esta mañá na sede da FEMP (Federación española de Municipios y Provincias) en Madrid o galardón como finalista do III Premio de boas prácticas locais pola biodiversidade ao proxecto ‘Creación da Rede de Parques Periurbanos do Concello de Pontevedra’ na categoría Infraestrutura Verde.

O concelleiro amosouse moi contento por recibir este galardón en nome de Pontevedra xa que recoñece todo o traballo que se está a realizar dende o Concello pola recuperación dos espazos dos montes que se teñen convertido nun lugar de lecer e encontro dos veciños e veciñas da cidade; e porque é un incentivo para seguir traballando nesta dirección.

O III Premio de boas prácticas locais pola biodiversidade ten o obxecto recompilar e difundir as actuacións desenvolvidas polas Entidades Locais españolas no campo da conservación e o incremento da biodiversidade. Así mesmo, preténdese recoñecer ás Entidades Locais españolas os seus esforzos na protección da biodiversidade. 

Compartir publicación: