A Concellaría de Sostemento de Espazos Públicos está a construír un paso de peóns elevado, elementos redutores da velocidade e unha beirarrúa cara o final da rúa para garantir a seguranza dos peóns.
A rúa permanecerá pechada mañá ao tráfico no carril de saída da cidade.
A Concellaría de Sostemento de Espazos Públicos Urbanos que xestiona Eva Vilaverde, está a acometer obras de mellora da mobilidade e accesibilidade peonil na rúa Otero Pedraio para garantir a seguranza dos veciños e veciñas e, especialmente, da gran cantidade de peregrinos que se achegan a Pontevedra por esta ruta.
O Concello está a executar, a través da empresa adxudicataria do servizo de mantemento dos espazos urbanos, COVSA, un paso de peóns elevado e reductores de velocidade. Ademais, está a construír un tramo de beirarrúa que non existía nesa zona e a obra rematará co fresado e asfaltado dun tramo da rúa.
De feito, con motivo destas obras, a rúa Otero Pedraio permanecerá pechada mañá, ao tráfico no carril de circulación en sentido centro cidade – rotonda do Marco. Abrirase ao longo da tarde.