Search
Close this search box.

Recepción a Juan Antonio Saavedra antes de partir cara Xapón

Juan Antonio Saavedra foi recibido este martes, 20 de xullo, polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o tenente de alcalde, Tino Fernández. O tirador acudirá ao Xapón para participar nos Xogos Olímpicos, na modalidade de tiro adaptado.

Durante o recibimento, o pontevedrés tamén asinou un convenio de colaboración e promoción para Pontevedra, representando a Boa Vila de xeito directo xunto co resto de deportistas próximos a cidade que acoden á cita olímpica, a saber: Javi Gómez Noya, Teresa Portela e Antía Jácome.

Compartir publicación: