Intensa posta a punto dos espazos públicos urbanos de cara ao verán

  • Unha exhaustiva revisión de itinerarios peonís sumada ao acondicionamento de rúas completas, ao arranxo dun centenar de bancos e limpeza de preto de 200 farolas centraron os traballos de mantemento na cidade
  • Desde a Concellaría de Sostemento de espazos públicos urbanos tamén se acometeron arranxos de entradas a garaxes e o reacondicionamento e creación de zonas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida

A Concellaría de Sostemento de espazos públicos urbanos, que xestiona Eva Vilaverde, vén de intensificar as actucacións de mantemento na cidade nos últimos meses, unha vez superados os meses de maiores chuvias, e coa mirada posta na chegada do verán e no incremento de actividade na rúa. Convén lembrar que estes traballos de acondicionamento e mantemento de diferentes elementos dos espazos urbanos se enmarca nun dos obxectivos prioritarios do presente mandato, como garante dos valores de calidade urbana que caracterizan o modelo de Pontevedra.

Así, unha das principais actuacións que se están a realizar e a contínua revisión e mantemento dos itinerarios peonís, co obxecto de arranxar ou substituír lousetas ou elementos do pavimento en mal estado ou deteriorados polo uso ou polas condicións metereolóxicas. Neste apartado, no primeiro semestre do ano, actuouse en todas as rúas do barrio de San Roque, na avenida de Marín, rúa Oliva, rúa Luis Otero, glorieta de Compostela, na rúa Riestra e en varias rúas do Centro Histórico: rúa Laranxo, entorno do Teatro Principal, rúa Real, e Arcebispo Malvar.

Tamén se actou en rúas completas, como foi a substitución das beirarrúas de Alcalde García Filgueira por un pavimento de aglomerado contínuo en cor marrón. Esta actuación supón a primeira vez que se utiliza aglomerado contínuo nunha beirarrúa da cidade, e úsase nesta rúa por estar en pendente, xa que está especialmente deseñado para evitar esvaramentos. Estes traballos tamén implicaron o cambio das canalizacións de pluviais. Neste apartado de actuacións en rúas completas, tamén cómpre sinalar a creación dunha zona de estancia en Pintor Virxilio Blanco.

Tal e como estaba previsto, tamén se fixo un importante esforzo no condicionamento de máis de 100 bancos. Concretamente actuouse nos situados na avenida de Marín, na rúa José Adrio Barreiro, na contorna da fonte da praza de Galiza e na praza do Hospital. 

No mes de maio iniciáronse os traballos de limpeza o de farolas, actuando en máis de 175, sitadas nas rúas Arcebispo Malvar, Pardo Bazán, nas rúas de acceso á praza de Barcelos, Sagasta, Castelao, Cruz Gallástegui, e varias rúas do entorno de Campo Longo.

Por último, desde a Concellaría de Sostemento de espazos públicos urbanos tamén se acometeu o arranxo de entradas de garase na rúa Tablada, Almirantes Matos, Bibiano Osorio Tafall, e rúa Grecia; así como o reacondicionamento e creación de zonas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida na avenida de Marín (diante do Oral) e Campo da Torre

Compartir publicación: