- ‘O son da rúa’ dá comezo este xoves e só no mes de xuño porá en marcha 5 programas nos que participan máis de 25 artistas e compañías
- Todas as actividades terán lugar en espazos aforados, con medidas de seguridade segundo a normativa Covid vixente, serán gratuítas e non será precisa reserva previa
“Pontevedra no verán soa a paxaros, a nenos, a nenas, a música, a narración oral e a teatro” afirmaba esta mañá a concelleira de Festas e Dinamización Sociocultural, Carme da Silva, na presentación da programación de verán baixo o lema ‘O son da rúa’. Ademais do son, a concelleira asegurou que a cidade “tamén ten unha luz diferente, que é a luz que lle dá toda esa programación pero tamén a luz que lle dá toda a xente que participa nesas actividades tanto na forma directa como a xente que desfruta dela”. Da Silva explicou que a escolla deste lema responde ás particularidades do modelo Pontevedra, indicando que “en Pontevedra os espazos públicos non soan a coches conxestionados facendo barullo, senón que Pontevedra soa a persoas, a nenos, a nenas, e a paxaros”.
A concelleira afirmou que “este ano non nos chegaban a nada dous meses”, tras a experiencia da programación do pasado ano “Pontevedra vívese, que contara con máis de 300 compañías e xuntara máis de 2.000 persoas entre artistas e persoal técnico, polo que “decidimos que este ano a programación de verán comeza en primavera”. Concretamente, comeza o xoves 3 de xuño co primeiro dos concertos do programa ‘A Banda en pequeno formato’.
Carme da Silva fixo fincapé en que Pontevedra xa demostrara o pasado ano que “se poden programar actividades de forma segura diversificando os espazos e ampliando o número de espazos nos que se desenvolven as actividades”. Así, segundo o a situación sanitaria, todas as actividades de ‘O son da rúa’ prográmanse de partida en espazos aforados, nos que serán de obrigado cumprimento as normas de seuguridade vixentes. Ao igual que no pasado ano, as actividades serán de balde e non será precisa reserva.
Só no mes de xuño, poranse en marcha 5 programas e pasarán polos espazos públicos da cidade máis de 25 grupos e compañías galegas. Así, todos os xoves de xuño pasarán polo palco da música da Alameda diferentes seccións da Banda de Música de Pontevedra a través do programa ‘A Banda en pequeno formato’. Seguiralle o programa ‘Audiovisións’, que comeza o venres 4 nas pistas de Campolongo, e que aúna audiovisual e música; e o venres da seguinte semana, iníciase o programa de concertos de bandas emerxentes ‘En clave local’. O 18 de xuño, e ata o domingo 27, terá lugar ‘Sete Falares’ con actuacións programadas todos os días na praza da Predreira e no palco da música da Alameda; e na última semana chega o programa ‘Música contada’ con concertos didácticos para público familiar.
Programas, datas e horarios
A banda en pequeno formato. Palco da música da Alameda. Xoves 3, 10, 17 e 24 de Xuño, ás 20h
Audiovisións. Pistas de Campolongo. Os días 4, 5 e 6 de Xuño de 2021 22:30 horas
Venres 4. ‘Hedwing and the Angry Inch’ (USA, 2001)
Sábado 5. ‘Sisters with Transistors’ (UK, 2020)
Domingo 6. Sesión de improvisación visual e sonoara a cargo de Colapso Jam (Che Garrido, LCTRCT, Xiselr) + m8 (Cris Lores, Belén Veleiro, Lúa Zalamera)
En clave local. Parque das Palmeiras,venres 11, sábado 12, venres 18 e sábado 19 do mes de xuño ás 19h
Venres 11: FUZZ FACES, SKIRL, RODRIGO VALIENTE
Sábado 12: SIMPSONHEAD, RANCHERAS, FROALLA, HAKU, FAUL
Vvenres 18: MALECHO, LIRERAD AL KRAKEN, DENOVA
Sábado 19: LAS GRINGAS, FLIP CORALE, DR. EXCEPTO
Sete Falares. Palco da música da Alameda e praza da Pedreira. Do 18 de xuño ao 27 de xuño.
Venres 18 de xuño
18:00h. Palco da Música da Alameda: Pavís Pavos
21:00h. Praza da Pedreira: Paula Carballeira
Sábado 19 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Celso Fernández Samartín
Domingo 20 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Matrioskas
Luns 21 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Charo Pita
Martes 22 de xuño
21:00h . Praza da Pedreira: Divas de Diván
Mércores 23 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Lois Pérez
Xoves 24 de xuño
21:00h. Praza da Pedreira: Cris de Caldas
Venres 25 de xuño
19:00h. Palco da Música da Alameda: Miguel Horta
21:00h . Praza da Pedreira: Antonio Fontinha e Sole Felloza
Sábado 26 de xuño
12:00h. Palco da Música da Alameda: Eugenia Manzanera
13:30h. Palco da Música da Alameda: Vermú de historias, Sole Felloza
19:00h. Palco da Música da Alameda: Antonio Fontinha
21:00h. Praza da Pedreira: Miguel Horta, Eugenia Manzanera e Martha Escudero
Domingo 27 de xuño
13:30h. Palco da Música da Alameda. Vermú de historias, Martha Escudero
21:00h. Praza da Pedreira. Gala de clausura: Eugenia Manzanera, Antonio Fontinha, Miguel Horta, Martha Escudero, Sole Felloza
Música Contada. Palco da música da Alameda, do 28 de xuño ao 1 de xullo ás 12:30h
Luns 28. Odaiko Sinfónico
Martes 29. Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde e os 24 instrumentos populares
Mércores 30. “A música das buguinas” con Mamá Cabra & Bellón Maceiras:
Xoves 1. Suelen Estar Quartet cuarteto de violín, viola, cello e contrabaixo