Search
Close this search box.

Turismo de Pontevedra lanza o vídeo promocional da cidade que presentará o venres en Fitur: ‘O regreso dos seres extraordinarios’

Turismo de Pontevedra acaba de lanzar ‘O regreso dos seres extraordinarios’, un espectacular vídeo de algo máis de dous minutos e medio que centrará, xunto co libro de destino ‘Pontevedra de corazón’, a campaña multimedia que o ente turístico presentará este venres 21 de maio ás 10:30 horas na Feira Internacional de Turismo de Madrid Fitur 2021. A peza audiovisual, realizada por Fernando Portela, está protagonizada polas personaxes de fantasía de Pablo Mèndez Performances, que nos convidan a realizar un paseo videográfico pola cidade a través do seu mundo máxico.

O vídeo será presentado no Pavillón de Galicia na Ifema nun acto que estará conducido e presentado polo escritor Manel Loureiro; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e a concelleira de Turismo, Yoya Blanco. Na presentación tamén estarán o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a deputada provincial Ana Laura Iglesias; a parlamentaria Leticia Gallego; o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez; o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey; o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes; a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o edil do PP Guillermo Juncal.

Entre as accións de promoción que Visit Pontevedra levará á feira de Fitur (inaugurada esta mañá polos Reis de España) para posicionar a Pontevedra como destino turístico tamén se inclúe a Caixa Branca, un contedor cheo de sorpresas, merchandising e regalos motivacionais (fabricada polo Centro Ocupacional de Juan XXIII); unha xincana urbana virtual para investigar sobre o concello e diverso material promocional como camisetas, USB e chapas.

Velaquí o vídeo, que xa se pode desfrutar e compartir desde a canle de Youtube do Concello de Pontevedra:

Compartir publicación: