Pontevedra albergará unha das oito fase zonais do Campionato de España Xuvenil Masculino de Balonmán durante a fin de semana do 14 ao 16 de maio

A Real Federación Española de Balonmán concedeulle a Pontevedra unha das oito fases zonais do Campionato de España Xuvenil Masculino, no que participa o Club Cisne. Tal e como sinala o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, “o equipo pontevedrés terá que enfrontarse a uns ósos duros de roer entre os días 14, 15 e 16 de maio, ao tocarlle en sorte, ademais do Finetwork Gijón, o Bidasoa Irún e o Abanca Ademar”. “Pero co talento que teñen os nosos rapaces, estou convencido de que podemos dar unha sorpresa”, asegurou o edil do PSOE.
Un total de 64 equipos (32 masculinos e 32 femininos) concurrirán na fase de sector do Campionato de España de Clubes de categoría Xuvenil, en camiño da fase final. As sedes e reparto de equipos feitos públicos polo Departamento de Competicións da Real Federación Española de Balonmán para a fin de semana do 14 ao 16 de maio son os seguintes: 

XUVENIL MASCULINO: 

  • Sector A – Pontevedra | Cisne Col. Los Sauces, Finetwork Gijón, Bidasoa Irún, ABANCA Ademar 
  • Sector B – Pamplona | Anaitasuna ‘A’, Laber Xiria, KH-7 Granollers Sporting, Balonmano Leganés 
  • Sector C – Zaragoza | Ademar Zaragoza, Usurbil KE, Ingfraile Recoletas Valladolid, Barça 
  • Sector D – Granollers | KH-7 Graollers, HV Eivissa, Balonmano Rocasa, Luceros 
  • Sector E – Villanueva de la Cañada | iKasa Madrid Las Rozas, RGC Covadonga, Avannubo La Roca, Balonmano Mislata 
  • Sector F – Ciudad Real | Alarcos Ciudad Real, Córdoba Balonmano, Levante UD Marni, Balonmano Alcobendas 
  • Sector G – Alicante | Agustinos Alicante, Balonmano Águilas, Bahía de Almería Carboneras, Gran Camping Zarautz 
  • Sector H – Antequera | Iberoquinoa Antequera, Incarlopsa Cuenca, Balonmano Pacense, Balonmano Elda CEE

XUVENIL FEMININO:

  • Sector A – Porriño | Balonmano Porriño, Oviedo Femenino, Aiala ZKE, Moya Tilover
  • Sector B – Salamanca | Confiterías Gil C. Salamanca, Errotabarri Euskadi, Balonmano Gijón, Lagunak 
  • Sector C – Etxebarri | Sareteknika Kukullaga Etxebarri, Maravillas Benalmádena, Beti-Onak, Calfrima Carballal 
  • Sector D – La Roca del Vallés | Avannubo La Roca, Puig d’en Valls, Handbol Onda, Schär Colores
  • Sector E – Pozuelo de Calatrava | Soliss Pozuelo de Calatrava, San Servan, Córdoba Balonmano, Hand Vall Valladolid 
  • Sector F – Torrevieja | Mare Nostrum Torrevieja, Abaranera Deportes, Handbol Ascó, Balonmano Leganés
  • Sector G – Montequinto, Dos Hermanas | Montequinto C. Dos Hermanas, Balonmano Herencia, KH-7 Granollers, Balonmano Elche 
  • Sector H – Telde | Balonmano Rocasa, Lavadores Vigo, Balonmano Sanse, Sant Vicenç

Compartir publicación: