A Concellaría de xestión dos residuos que xestiona Raimundo González realizou esta mañá un zafarrancho de limpeza extraordinario no casco urbano de Ponte Sampaio con tarefas de roza e limpeza viaria completas.
A limpeza realizouse con maquinaria de soplado e varredoiras en toda a vía de acceso ao lugar da Ponte así como nos accesos á Xunqueira, nos bordos da ponte medieval e na propia ponte.
Tamén empregaron cortadoras para a roza das vías de entrada ao casco urbano e sopladoras para a recollida dos restos retirados.
O Concello realizou un dispositivo específico para esta limpeza impedindo o estacionamento de vehículos na zona durante a tarde e esta mañá, polo que quere agradecer a colaboración cidadá para un mellor resultado do zafarrancho.
Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 11 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 10 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 9 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 8 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 7 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 6 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 1 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 2 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 3 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 4 Zafarrancho de limpeza en Ponte Sampaio 5