O programa ‘Enmascárate’ distribúe 4.500 mascarillas reutilizables e 1.100 dípticos informativos entre 15 centros educativos de Pontevedra

  • O tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, explica que a iniciativa permitirá repartir outras 1.500 mascarillas entre as entidades sociais que llas soliciten ao Concello

A Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde iniciou hoxe a distribución masiva de 4.240 mascarillas reutilizables de talla mediana, pensadas para o emprego de rapaces de Infantil e Primaria, e de 1.000 dípticos explicativos para o correcto emprego destes elementos de protección entre 15 centros escolares de Pontevedra que os solicitaron. Este envío de material de prevención contra a Covid-19 enmárcase dentro do programa ‘Enmascárate’, impulsado polo tenente de alcalde e edil de Educación, Tino Fernández, e que se iniciou a finais de xaneiro co reparto de 260 mascarillas e 100 dípticos no CEIP Álvarez Limeses (polo que a campaña distribuirá en total 4.500 mascarillas e 1.100 dípticos).

En concreto, o material de protección chegará aos CEIP Cabanas-Salcedo (40 unidades), A Carballeira-Lourizán (80 unidades), Froebel (480), Daría Portela (60), San Benito de Lérez (360), Ponte Sampaio (200), Marcón (360), Campolongo (860), Álvarez Limeses (outras 60, co que sumarían 320), Manuel Vidal Portela (420), Parada-Campañó (280) e Santo André de Xeve (220), o CEP Marcos da Portela (620) e as EEI Fina Casalderrey (120) e Verducido (20).

Tal e como indicou Tino Fernández, “o programa ‘Enmascárate’ contempla a distribución dun total de 6.000 mascarillas reutilizables, 4.500 para os colexios e 1.500 para as entidades sociais do concello que o soliciten”.

Compartir publicación: