O Concello sanciona a un funcionario polo uso de medios públicos para fins particulares

A Xunta de Goberno local, na súa sesión desta mañá, acordou impoñer unha suspensión firme de funcións durante cinco días a un funcionario do Concello. Esta sanción vén motivada pola apertura dun expediente ao mencionado funcionario, concretamente do Servizo de Cemiterios, por utilizar material municipal para fins privados.

Unha vez aberto o expediente e rematado o prazo de xustificación do incidente, procédese a sancionar ao funcionario, xa que se comprobou que efectivamente estaba a utilizar maquinaria do Concello para fins privados.

Compartir publicación: