O poboado ‘Tempo de Nadal’ da Ferraría permanecerá aberto os días 24 e 31

  • Ambas as dúas xornadas poderá visitarse ata as 19h e o resto dos días mantén o horario habitual: de luns a xoves de 12h a 14:30h e de 17h a 20:30h, e os venres, sábados e domingos ata as 21h

O poboado ‘Tempo de Nadal’ instalado na praza da Ferraría desde o pasado xoves, tamén permanecerá aberto os días 24 e 31 de decembro, en horario de 12h a 14:30h e de 17h a 19h ambas xornadas. O resto dos días o poboado mantén o horario habitual de luns a xoves, de 12h a 14:30h e de 17h a 20:30h; e os venres, sábados e domingos estará aberto ata as 21h.

‘Tempo de Nadal’ está composto por 15 casetas onde as perosas visitantes poden mercar produtos típicos de Nadal como decoracións de árbore de Nadal, ilustracións e felicitacións, grinaldas, xabóns naturais, coroas e centros secos, centros de mesas, papel decorativo, axendas, contos infantís, nacementos, pero tamén se instalaron catro casetas de produtos gastronómicos vinculados co Nadal como bombóns, panettones, pandoros, polvoróns e doces típicos de Nadal. Ademais, neste poboado pódense sacar instantáneas nas distintas escenas de Nadal habilitadas na contorna da gran árbore da Ferraría.

Convén lembrar que ‘Tempo de Nadal’ dispón dun control de seguridade Covid en todo o recinto, que está aforado e con controis de acceso dende as catro portas. Tamén conta con alfombras hixienizantes nas entradas e dispensadores de hidroxel para as mans. A maiores tamén son de obrigado cumprimento as distancias de seguridade e o uso de máscara.

Compartir publicación: