Search
Close this search box.

O Concello aboará neste exercicio máis de 1 millón de euros para a estación intermodal de Pontevedra

  • Trátase das anualidades dos anos 2020 e 2021 recollidas na addenda do convenio entre Xunta e Concello para o desenvolvemento da futura intermodal

A portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías informou esta mañá que o Concello ten previsto abonar antes de que finalice este exercicio un total de 1.029.388 euros ao abeiro do convenio entre Xunta e Concello para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Pontevedra. Esta cantidade corresponde ás achegas municipais establecidas para dúas anualidades, de xeito que inclúe os 603.143,79 euros do ano 2020 e os 426.244,21 do ano 2021.

Anabel Gulías explicou que “a intención do Concello é pagar as dúas anualidades a finais deste ano para intentar axilizar a obra na medida do posible, posto que consideramos que é unha obra moi interesante, tanto pola rehabilitación da estación como por estar nunha contorna na que se fixeron actuacións recentemente como a do Gorgullón”.

Estes importes están recollidos na addenda ao Convenio que se aprobou na sesión da Xunta de Goberno local desta mañá e que propón este reaxuste das anualidades para axustar as achegas financeiras ao ritmo da execución das obras.

Compartir publicación: