Search
Close this search box.

#PonteLovers e AJE impulsan un Ciclo de Charlas sobre Márketing destinado a emprendedores, pequenos empresarios e profesionais

  • As conferencias serán impartidas a través de Zoom polo consultor de márketing, estratexia e comunicación Javier Varela e terán lugar os días 3, 10, 17 e 22 de decembro de 16:30 a 17:30 horas

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, a través da plataforma #PonteLovers, e a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra desenvolverán durante o mes de decembro un Ciclo de Charlas sobre Márketing especialmente destinado a emprendedores, pequenos empresarios e profesionais. As conferencias serán impartidas de xeito virtual, a través de Zoom, polo consultor de márketing, estratexia e comunicación Javier Varela e terán lugar os días 3, 10, 17 e 22 de decembro en horario de 16:30 a 17:30 horas (uns 45 minutos de charla e 15 minutos para a quenda de preguntas e o debate posteriores).

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, asegura que o obxectivo principal deste ciclo “é o de formar aos asistentes nos cambios que se están a producir no mercado e sobre como as pequenas empresas poden aproveitar e optimizar os seus recursos para ser competitivas e sobrevivir neste contexto”. “Trátase de pequenos cursiños cun carácter eminentemente dinámico e participativo, nos que, á hora de explicar cada un dos conceptos que se presenten, incluiranse exemplos de casos de éxito no emprego de Internet e das redes sociais a nivel profesional”, subliñou Blanco.

As charlas-cursos organizados versarán sobre ‘Tips de Márketing para emprendedores’, ‘ RRSS para emprendedores’, ‘ Tips de Iniciación ao Comercio Electrónico’ e ‘Márketing e Sostibilidade: Una Estratexia de Futuro e Presente’. O poñente-titor das mesmas, Javier Varela, é consultor en Toctocmedia, axencia especializada en márketing, márketing online, estratexia e comunicación.

Varela é tamén interim márketing manager en Gradiant-Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións e consultor de márketing en EOSA Estratexia e Organización, así como profesor colaborador na Escola de Negocios IESIDE, a Universidade de Vigo e a Escola de Organización Industrial EOI. Asemade, é un poñente habitual en cursos, charlas e congresos de márketing e empresa e o administrador o blog de márketing ‘The Orange Market’. 

As charlas son de acceso libre a través dos seguintes enlaces:

Compartir publicación: