O Concello concede licenza para a rehabilitación dun edificio no centro histórico para apartamentos turísticos

  • Está situado na rúa Enfesta de San Telmo e consta de baixo e dous andares destinados a apartamentos

A Xunta de Goberno local vén de conceder, na súa sesión desta mañá, licenza urbanística de obras de rehabilitación de edificación e acondicionamento para a súa apertura con destino a apartamentos turísticos nun inmoble situado na rúa Enfesta de San Telmo. 

Trátase dun edificio que consta dun baixo e dous andares superiores. Segundo as características básicas do proxecto presentado no Concello, o baixo sería destinado a un local de uso comercial e a unha zona de recepción, que tería unha superficie útil de 46,80 metros cadrados. Os dous andares superiores de 196,30 e 151,10 metros cadrados respectivamentes, serían ambos destinados a apartamentos turísticos. O orzamento de execución (rehabilitación e acondicionamento) ascende a 342.000 euros.

Compartir publicación: