- O IDAE concede unha subvención de 1.055.000 euros para substituír todo o alumeando público de Verducido, Santo André e Santa María de Xeve por tecnoloxía led
O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González informou esta mañá que o Concello vén de recibir, e de aceptar, unha subvención de 1.055.724 euros por parte do IDAE (Instituto de Diversificación e Aforro de Enerxía) para subsituír todo o alumeado público e instalar tecnoloxía led nas parroquias de Verducido, Santo André de Xeve e Santa María de Xeve.
Trátase do 80% do custe do proxecto, que é a máxima porcentaxe subvencionable, e que en total ascende a 1.309.000 euros. O 20% restante xa está contemplado no orzamento municipal para ser asumido con fondos propios do Concello.
O proxecto inclúe 1.887 puntos de luz, a renovación de 28 cadros de alumeado, e suporá un aforro enerxétido do 70%, pasando dos 900.000 kW que se consumen actualmente nestas tres parroquias a 280.000 kW tras a instalación da nova rede. Neste sentido, Raimundo González afirmou que “este proxecto ten moitísima transcendencia porque non só é o aforro de enerxía que se traduce nun aforro económico, senón que se reduce a pegada de carbono, aumenta a eficiencia enerxética, hai menos contaminación lumínina e mellórase o mantemento das instalacións porque se porá toda a instalación de cableado nova e ademais a duración de luces led é moi superior”.
Tras a aceptación da subvención, o Concello encargará o proxecto para poder licitar a contratación que ten que estar adxudicada antes de 12 meses o executada antes de 30 meses, en ambos casos contados desde finais de setembro.
Raimundo González tamén lembrou que, tras a renovación do alumeando público destas tres parroquias, complétase a substitución do alumeado actual por tecnoloxía led no 50% do rural. Así, Verducio, Santo André e Santa María de Xeve súmanse aos proxectos xa realizados en Ponte Sampaio, A Canicouva, Bora e Lourizán. Tamén anunciou que para renovar o alumeado de Campañó, Alba e Cerponzóns, o Concello tamén solicitou financiamento a través o IDAE.