Search
Close this search box.

Arranca un novo contrato de mantemento de todos os bancos da cidade

  • Nunha primeira intervención atenderase a 25 bancos da avenida de Santa María, Paseo Colón, Arcebispo Malvar e a rúa da Corva, en San Brais.
  • Trátase de reparar e manter aquel mobiliario urbano que estea deteriorado polo uso ou o paso do tempo, para que poida ser empregado con confianza polos peóns.

O departamento de Mantemento do Espazo Urbano, xestionado pola concelleira Eva Vilaverde, pon en marcha mañá un novo contrato relativo ao mantemento e reparación dos bancos da cidade. Trátase de actuar neste mobiliario urbano que polo paso do tempo ou polo uso, está deteriorado ou roto, nalgúns dos casos, para que recuperen o seu estado orixinario e poidan ser empregados con confianza por parte de todos os pontevedreses e pontevedresas.

Aínda que se fará unha actuación integral en todo o ámbito urbano, o contrato que se inicia nestes días comezará pola avenida de Santa María, onde se actuarán nos 6 bancos así como no banco-xardineira da praza. Sen dúbida é un dos lugares máis empregados e concorridos da cidade por persoas de todas as idades, onde este tipo de mobiliario urbano é indispensable.

Logo se trasladarán ao Paseo de Colón para reparar os 6 bancos da rúa aos que lles falta algunha táboa; a Arcebispo Malvar (8 bancos) e cinco na rúa da Corva (San Brais).

Logo continuarán por outros barrios como Eduardo Pondal, Campolongo, A Parda ou Burgo atendendo ás necesidades máis urxentes.

Dependendo do estado dos bancos actuarase dunha maneira ou doutra. Os máis deteriorados retiraranse para ser tratados no taller e, despois, volver a poñer no seu lugar orixinario. Os menos deteriorados, poderanse restaurar in situ. E outros bancos especiais, como a xardineira de Santa María, deberán tratarse alí mesmo.

Os traballos consisten no decapado da madeira a base de lixado, así como dos pes. Lobo vernizarse a madeira ou se pintará (de ser o caso) e volverán a colocarse no lugar retirado. Neste proceso tamén se substituirán madeiras que poidan estar rotas ou perigosas, así como os pes que tamén poidan estar en mal estado.

Compartir publicación: