- O Concello incrementa a contía destinada a mellorar este ámbito nunha clara aposta por seguir elevando a calidade de vida no rural.
- A Mesa de contratación coñeceu esta semana as ofertas que oscilan entre os 722.000 euros e o millón de euros.
A Mesa de contratación do Concello de Pontevedra reuniuse esta semana para valorar as ofertas presentadas polas 17 empresas que optan a xestionar o contrato millonario de mantemento dos espazos públicos rurais. O Concello de Pontevedra fai un especial esforzo no investimento rural con este contrato que ascende a máis dun millón de euros, e que supón incrementar as contías que destinaba a este ámbito até o de agora.
As empresas que presentaron oferta son:
- API Movilidad
- Asfagal técnicas viarias
- Construcciones Caldevergazo
- Construcciones E.C.Casas
- Construcciones Fechi
- Construcciones, Obras y viales (Covsa)
- Ecocivil Electromur G.E.
- Elsamex
- Eulogio ViñaL, Obras y Construcciones
- Fertaf Obras y Servicios
- Hornidurak instalazioak eta zerbitzuak
- Imesapi
- Misturas
- Movimiento de áridos y construcciones de Arosa
- Narom
- Prace, servicios y obras
- Edigrup Global – Fevisa Vías y obras (UTE)
As ofertas oscilan entre os 722.326,84 euros e o 1.035.299,04 euros.
A licitación do contrato é de 1.082.948,79 euros e un prazo de execución de 3 anos, coa posible prórroga dun ano máis. Esta contía incrementa o que o Concello viña investindo nos espazos públicos rurais até o de agora cun contrato de 241.000 euros por ano.
Esta aposta decidida do Goberno Local pola conservación dos espazos públicos permitirá atender bacheos, reparacións de pavimentos, sinalizacións horizontais e verticais, pintados, balizamentos, rozas, limpezas, retirada de entullos caídos ás vías municipais ou melloras na rede de augas pluviais, entre outras actuacións.