As obras de reforma de Loureiro Crespo avanzan nun novo tramo

  • O novo treito comprende entre as rúas Ernesto Caballero e Rodríguez Seoane e restrinxirase o tráfico a un só carril a partires de mañá

As obras de reforma de Loureiro Crespo e do barrio do Castañal avanzan, a partires de mañá, cara ao tramo comprendido entre as rúas Ernesto Caballero e Rodríguez Seoane. Ao igual que nos treitos anteriores, estes traballos comezarán co levantamento do actual pavimento para proceder á instalación dos novos servizos soterrados, o que leva aparellado un plan especial de tráfico. 

Así, o acceso aos garaxes do tramo en obras realizarase pola rúa Loureiro Crespo, polo carril que se manterá operativo ao tráfico (sentido centro cidade). A partir da intersección coa rúa Rodríguez Seoane permítese a circulación cara á Avenida de Lugo.   

Convén lembrar que a reforma de Loureiro Crespo e O Castañal deu inicio o pasado 27 de abril e que é unha das máis ambiciosas das proxectadas na cidade, cun orzamento de preto de 3 millóns de euros para a actuación completa. Cun prazo de execución de 11 meses, estenderá os estándares de calidade urbana propios do Modelo Pontevedra a unha das entradas da cidade, e que comprende as rúas Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo, Ramón Cabanillas e a praza das Regas, ademais da propia Loureiro Crespo. Implica a renovación da pavimentación e o largo das beirarrúas e varios puntos, ao tempo que inclúe a renovación de todos os servizos, a instalación de nova iluminación, novo mobiliario urbano, e a plantación de novas árbores en algúns dos treitos. 

Compartir publicación: