O luns pecha ao tráfico Loureiro Crespo entre Casimiro Gómez e Gonzalo Gallas para iniciar a primeira fase da reforma

  • O peche se prolongará durante o proceso de remodelación deste tramo da rúa.

A Concellaría de Obras Urbanas que dirixe Demetrio Gómez continúa a ritmo as obras de reforma da rúa Loureiro Crespo que a vindeira semana entra na súa primeira fase, logo de rematar os traballos preliminares. Este avance obriga ao peche da rúa entre o tramo de Casimiro Gómez e Gonzalo Gallas, co fin de acelerar ao máximo o desenvolvemento da obra, tal e como se comprometeu o concelleiro con veciños e comerciantes na videoconferencia de hai dúas semanas.

Ademais de trasladar o estacionamento de taxis á rúa Cobián Areal, créase unha zona de servizos na rúa Gonzalo Gallas para atender aos establecementos comerciais da zona así como á demanda do hospital, xa que unha das prioridades é manter a actividade económica.

Esta medida obriga á inversión de Gonzalo Gallas, que permitirá un acceso rápida ás urxencias pediátricas e facilitar o acceso ao aparcadoiro e á zona de servizos da rúa Antón Fraguas.

A modificación do tráfico manterase ate o remate desta primeira fase da reforma.

A actuación neste tramo consiste na demolición da beirarrúa do lado dereito para a instalación dos servizos soterrados e, a continuación, o seu pavimentado con formigón. Logo abrirase o lado esquerdo para seguir o mesmo procedemento que no dereito.

Compartir publicación: