Mañá comeza a instalación do cruceiro do adro da igrexa de Mourente

  • Estará desprazado 50 centímetros da súa actual situación para evitar posibles accidentes con vehículos, e tamén se desenterrará o primeiro chanzo do fuste, na actualidade eliminado polo asfalto do adro.

A Concellaría de Patrimonio Histórico, que xestiona Xaquín Moreda, iniciará mañá a colocación do cruceiro da igrexa de Mourente, tal e como solicitaron os veciños da parroquia e logo de obter a autorización de Patrimonio.

O cruceiro de Mourente recuperará a rasante orixinaria, isto é, os tres chanzos da base do mesmo. Na actualidade, o primeiro dos tres chanzos da base que orixinalmente sostiñan o fuste do cruceiro permanece enterrado pola capa de asfalto do adro da igrexa.

Ademais a intervención irá acompañada dun mínimo desprazamento do cruceiro (arredor de 50 centímetros) para evitar que volva ser derrubado. O cruceiro do adro da igrexa  fora derribado por un vehículo accidentalmente e foi reparado con cargo á compañía aseguradora do coche que provocou o accidente.

Estas actuacións foron respaldadas pola Dirección de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Compartir publicación: