- O Concello agarda que a promotora presente o proxecto de urbanización no que están previsto a construción de 5 edificios a diferentes alturas; a cesión dunha parcela ao Concello, así como dos espazos para os viais e unha praza interior que supera os 3.000 m2.
A Comisión de Urbanismo tivo coñecemento esta mañá de que non é preciso un informe de avaliación ambiental da Xunta de Galicia para autorizar o desenvolvemento da Unidade de actuación urbanística número 5, denominada Finca do Teucro. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda quen avanzou que o seguinte paso é solicitar á inmobiliaria Masar S.L. o proxecto de urbanización adaptado á normativa, xa que xa existe un Plan Especial de Reforma Interior (PERI) aprobado e conta coa supervisión de Patrimonio da Xunta de Galicia, que tamén fixo achegas ao proxecto en relación ás alturas dos edificios proxectados.
Segundo explicou esta mañá o concelleiro de Urbanismo, a empresa segue interesada no desenvolvemento deste solar no que existen varias parcelas de uso residencial:
- Parcela A:
- Superficie de 781,76 m2
- Aproveitamento urbanístico: 3.465,51 m2
- Parcela C:
- Superficie: 673,01 m2
- Aproveitamento: 2.287,58 m2
- Parcela D1:
- Superficie 1.042,61 m2
- Aproveitamento: 2.854,99 m2
- Parcela E
- Superficie: 1.557,46 m2
- Aproveitamento: 5.578,13 m2
- Parcela F
- Superficie: 824,16 m2
- Aproveitamento: 2.819,90 m2
Dentro das cesións previstas para o Concello de Pontevedra atópase:
- Parcela D2 cunha superficie de 480,39 m2 e un aproveitamento urbanístico de 1.894,34 m2.
- Parcela interior da Unidade (parcela ZV) con 3.070 m2 destinada a zona de lecer, zona verde e deportiva.
- Parcela destinada ao viario (Parcela RV) que é de 4.189,33 m2.