O Teatro Principal acolle mañá pola tarde, a partir das 21.00 horas, a proxección do documental Cerponzóns a mil producido con motivo da celebración dos 1.000 anos da parroquia. O Concello de Pontevedra colabora coa asociación de veciños O Chedeiro na organización da programación coa que Cerponzóns está a celebrar o seu milenio.
As actividades previstas para os vindeiros días está a proxección do documental Cerponzóns a mil de Pablo Cacheda que gravou nun mes e medio e no que participan 40 veciños e veciñas da parroquia contando curiosidades e a súa historia.
O venres, 28 de xuño, ás 21.00 horas está prevista a presentación do libro 1.000 anos de historia en Cerponzóns no Centro Social de Pidre. A publicación foi encargada ao escritor Rodrigo Cota que explicou que foi un traballo colectivo procedente da investigación histórica dos veciños e veciñas da parroquia.
A celebración do milenio de Cerponzóns débese ao primeiro documento no que aparece o nome da parroquia. É un inventario no que o rei Alfonso V cede unha propiedade da parroquia ao Arcebispado de Compostela.
As actividades polo milenio de Cerponzóns continuarán nos vindeiros meses.