- A o proxecto desenvolverase secuencialmente, primeiro nun lado e despois noutro.
- Manteranse dúas liñas de estacionamento en liña e de servizos.
- O proxecto terá un custe de case 700.000 euros.
A asamblea de veciños e comerciantes acordaron onte iniciar as obras de reforma da rúa Echegaray “canto antes”. Esa data será cara finais de maio ou primeiros de xuño, unha vez que a empresa concesionaria do ciclo da auga, Viaqua, encargada de realizar esta reforma teña contratada a empresa e xestionados todos os trámites administrativos previos.
No encontro que mantiveron onte os concelleiros Demetrio Gómez e Raimundo González coa asemblea, tamén se chegou ao acordo de realizar os traballos secuencialmente, é dicir, iniciar primeiro por unha marxe e, ao rematar, continuar coa seguinte.
Tamén decidiron manter dúas liñas de estacionamento (a cada marxe da rúa), en liña e de servizos. Durante os traballos manterase o acceso aos veciños para os garaxes e tamén para servizos, agás necesidades moi puntuais da obra.
De cara ás festas de verán, a previsión é que se suspenda a obra terá un custe de 696.064,21 euros e un prazo de execución de seis meses.
O proxecto contempla cambiar a rede de saneamento por ambos lados, a rede de augas pluviais e a canalización eléctrica.
A reforma en superficie segue os mesmos estándares que o resto da cidade. Gáñase espazo para os peóns ampliando as beirarrúas. Haberá unha superficie de 1.804 m2 de urbanización de beirarrúas, e 1.634 metros cadrados de estacionamentos e viais.