O Concello recibe á primeira Corporación democrática (1979-1983)

O Concello de Pontevedra recibiu onte á parte da Corporación Municipal de 1979-1983 (14 concelleiros dos 25 que a formaban) para celebrar a constitución daquela primeira Corporación democrática, fai agora 40 anos, logo da súa toma de posesión en abril de 1976. Facía 4 meses que morrera o ditador.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o portavoz do Goberno, Raimundo González recibiron aos concelleiros, que estiveron acompañados do alcalde de entonces, José Rivas Fontán. A xornada continuou cunha comida de confraternidade.

Aquí pódese consultar os membros daquela Corporación: https://pontevedra.gal/web2021/concello/corporacion/corporacion-actual/corporacions-dende-1979/#1554203261718-c598caae-3186

Compartir publicación: