- Pontevedra viaxará o 31 de agosto e 1 de setembro ao século XV coas lendas como fío condutor
- Autorizadas 233 comidas e ceas de particulares, 143 convites na hostalería e 68 postos do mercado (31 de artesanía e 37 de alimentación)
Achégase a Feira Franca. O venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro, Pontevedra viaxará un ano máis ao século XV para lembrar que no ano 1497 o rei Henrique IV de Castela lle outorgou á Boa Vila, daquela a principal vila de Galiza, o privilexio para instaurar un mercado libre de impostos dun mes de duración, quince días antes e outros quince despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu. Unha cita declarada de Interese Turístico de Galicia e que este ano -e xa son dezanove- estará adicada ás lendas.
As rúas e espazos públicos do centro histórico e contorna encheranse de artesáns, canteiros, ferreiros, palilleiras, cesteiros, oleiros, redeiras, carpinteiros, músicas, xograres, campesiños, toneleiros, artistas, comerciantes, damas e cabaleiros, listos para mergullarse no pasado e participar nas numerosas actividades propostas e mais reunirse para xantar e divertirse.
A participación activa da veciñanza é a crave do éxito da Feira Franca de Pontevedra. A Concellería de Festas informa que son 233 as ceas a xantares na rúa de particulares autorizados; ademais de 143 permisos para hostalaría e 68 autorizacións para a instalación de postos do mercado medieval (31 para postos de artigos de artesanía e 37 postos de alimentación).
As lendas será o fío condutor dunha Feira Franca que en anos pasados adicouse a temáticas como: o mundo dos Irmandiños, o mar do medievo, a agricultura, as cantigas de Amor, escarnio e maldicir; os camiñantes, o comercio, os xogos populares, os inventos, a astronomía, a alquimia e a música.
Máis información: feirafranca.pontevedra.gal

