- Será o xoves 23 de agosto cando o diaño e seu séquito percorra ás rúas do centro hstórico facendo trasnadas e amolando a pequenos e grandes
- O Foliada do Demo porá o ramo á xornada en Curros Enríquez rememorando unha verbena dos anos 50-60 do século pasado
- Concerto de San Bartolomeu na praza José Martí, a cargo da Banda de Música de Salcedo
Con ganas de amolar. O Demo volve de novo á cidade. Será o xoves 23 de agosto cando o Diaño ande polas rúas e prazas do casco vello facendo burlas, xogos e trasnadas, acompañado dun séquito e anunciando a súa presenza con música e petardos. Os nenos e as nenas están chamados a ter un papel protagonista na festa xa que son eles os que lle farán fronte e tratarán de vencer arrancándolle o rabo. Tamén poden formar parte do séquito demoníaco levando un tridente.
O Demo sairá dúas veces, desde os Arcos de San Bartolomeu e cun mesmo obxectivo: aterrar a pequenos e grandes polas rúas e prazas do casco histórico. A primeira saída será as 12.30 horas e a segunda as 20.00 horas.
A concelleira de Festas, Carme da Silva, xunto con membros dos grupos Os Chichisos (Xosé Feijóo) e Vacaloura Vermella (Paco Cobas) e o bailarín Álvaro Carballo presentou hoxe a Festa do Demo, cuxo programa complétase con dúas citas:
- 21.00 horas. Concerto de San Bartolomeu, a cargo da Banda de Música de Salcedo. Praza José Martí
-
21.30 horas. Foliada popular coa música de Os Chichisos e Vacaloura Vermella. Praza de Curros Enríquez
A Foliada do demo o é unha viaxa ás verbenas dos anos 40 e 50 do século pasado, explica Xosé Feijoo de Os Chichisos no que o importante, ademais da ambientación – anímase a todos e todas a ir vestidos de época- é “que a xente baile e que baile agarrado”. Música galega e pasodobres, valses… será o fondo que anime á xente a bailar e para darlle pulo ás persoas máis vergoñentas haberá un grupo de bailaríns expertos que actuarán mais tamén sacarán ao público á pista.
