- O proxecto de reforma, feito con perspectiva de xénero inclúe: arranxo das fachadas, redeseño dos espazos e novos equipamentos e sinalética para construír un espazo acolledor
- A atención e acompañamento de mulleres vítimas de violencia de xénero, programas de empedoramento e formación laboral, traballos a prol da igualdade terán cabida no centro
- As concellerías de Promoción Económica e Igualdade camiñan da man na
A aposta pola igualdade é moito máis cunha política transversal para o Goberno local de Pontevedra “é unha prioridade”, subliñou hoxe a concelleira de Igualdade, Carme Fouces quen xunto a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, presentou a volta que se lle está a dar ao edificio municipal de Santa Clara, renomeado “Redeira” e que será “o primeiro equipamento feminista” da cidade. Melloras arquitectónicas, redeseño de interiores e contorna, equipamentos novos e novos contidos serán os piares da transformación do inmoble que xa comezou. A sede do GDR Pontevedra-Morrazo, hoxe en día nesta ubicación, será trasladada.
A mellora exterior e interior do edificio está en marcha, unha reforma asinada pola arquitecta Paula Alfonso Laya e feita con perspectiva de xénero o que queda reflectido na sinalética prevista, na distribución dos espazos, nun mobiliario versátil e na creación dunha atmosfera acolledora, agarimosa e conciliadora para que as mulleres e nenos/nenas vítimas de violencia de xénero se sintan cómodos. Após do adecentameto do pequeno xardín lateral, hoxe arrancan os traballos de acondicionamento das fachadas e de seguido actuarase no interior, piso a piso.
As concellerías de Igualdade e Promoción Económica financian man a man as obras que terán un custe global aproximado de 80.000 euros: 24.000 euros para fachadas, 36.000 euros para as plantas Redeira e 20.000 euros para instalacións CIM.
No corazón do edificio Santa Clara está o CIM, Centro de Información á Muller, xa en funcionamento nestas dependencias. No CIM préstaselle atención psicolóxica, xurídica e policial ás mulleres vítimas de malos tratos e implementará un programa de tránsito de vítimas a recuperación e integración das mulleres maltratadas, ademais de realizar traballos de prevención e loita contra a violencia de xénero e a desigualdade que incluirá un novo programa centrado no colectivo LGTBIQ+.
No camiño da igualdade real avanzará o programa Redeira que lidera a área de Promoción Económica e que ten como horizonte a integración socio-laboral e económica das mulleres. En carteira dúas actuacións:
- o programa “Para chula a miña parrula”, para a posta en valor, autoestima e empoderamento das mulleres. Un programa que inclúe formación concreta como dereito laboral, acceso ao mercado de traballo… https://www.facebook.com/aredeirapontevedra/
- un banco de tempo colaborativo, no que se intercambiarán habilidades, servizos e tempo.