‣ O alcalde convidounos a visitar á cidade para que coñezan in situ o que somos, un referente de mobilidade no mundo
A transformación urbana de Pontevedra converteu á cidade nun referente de calidade urbana cuxa sona non deixa de medrar. A localidade francesa de Vire (Normandía) é unha das últimas que viraron a mirada cara nós co fin de coñecer o modelo que arrebatou o espazo público aos coches e recuperouno para as persoas.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernádez Lores, mantivo hoxe unha comunicación por skype (videoconferencia) con responsables políticos e representantes da asociación L’Etape, de Vire, adicada a mobilidade sostible. Durante case dúas horas o alcalde explicoulles as características que fan de Pontevedra un modelo urbano e respondeu as numerosas preguntas dos participantes na videoconferencia, unha interacción que levou a Lores a convidalos a achegarse a Pontevedra para que coñezan in situ como é unha cidade que foi quen de situar ás persoas no cumio da pirámide da mobilidade.
Os representantes sociais de Vire recolleron a luva e anunciaron a súa intención de viaxar até Pontevedra.
Os voceiros de Vire-CREAN amosaron interese en cuestións como: a aceptación social das medidas de peonalización, a repercusión económica e impacto económico derivada da transformación urbana, o impacto na saúde das persoas e calidade ambiental, etc.