Aprobadas axudas das ARIs por máis de 72.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá varias subvencións adscritas ás Áreas de Rehabilitación Integral de Estribela e do Centro Histórico. En concreto, para Estribela aprobouse unha partida de 1.617,60 euros, e no Centro Histórico 71.094,25 euros.

As rehabilitacións de vivendas no centro histórico están situadas nas rúas: Sarmiento, Verdura, San Román, García Flórez, Ponte, Gregorio Fernández, Cobián Rofiggnac, Padre Luís, Rúa Alta e César Boente. A maior parte son para mellorar a accesibilidade tanto aos edificios como ás vivendas.

Cabe lembrar que a financiación é do 35% do custe do proxecto sen superar unha contía de 11.000 euros por proxecto.

Máis información en:

https://pontevedra.gal/web2021/2017/12/23/os-particulares-poden-pedir-as-novas-axudas-das-aris-de-estribela-centro-historico-case-1-millon/

Compartir publicación: