Sétima Feira pecha as portas este sábado até o vindeiro outono

    • Nesta ocasión os obradoiros infantís trasladaranse á rúa Serra, mentres que no Mercado voltará a música e gastronomía, ademais do tradicionais postos

A Concellaría de Promoción da Cidade pon fin este sábado á tempada de Sétima Feira até o vindeiro outono. Nesta ocasión acordouse dar a benvida ao verán cun guateque. Ademáis, se o tempo acompaña, Sétima sairá á rúa Serra para celebrar o potencial creativo da cidade. Un bo reflexo desta creatividade serán as actividades infantís, nas que a rapazada da casa traballará a arte pop centrándose nas historietas de cómics reproducidas por Roy Lichtenstein.

A participación nos obradoiros é de balde previa inscrición en setimafeira@pontevedra.gal ou directamente e por orde de chegada o día da actividade.

O mes pasado Sétima Feira foi o lugar escollido para impartir unha sesión de fotografía co móbil, e este mes as fotos do aplicado alumnado estarán expostas no primeiro andar da Praza de Abastos.

A xornada estará amenizada polos picadiscos Rhythm & Beer coa súa divertida e improvisada pinchada 100% vinilo, e ás 13.00h dará comezo a sesión vermú a cargo do trío Sabela King and the Hearthbreakers que transportando ao público á década dos 60.

A parte gastronómica deste guateque correrá a cargo da empresa Elefantes de Cacharrería.

Non hai que esquecer que coa entrada ás Matinés do Principal os visitantes disporán dun desconto do 5% nos postos colaboradores.

Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escea creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os novos creadoros e o comercio local.

Os participantes nesta última Sétima Feira da tempada serán:

  • AGALICE, tapicería
  • CASAL DE CREACIÓN, enmarcación creativa
  • CON_Y_GRIEGA complementos
  • DEGERÓNIMO, mochilas e bolsas
  • ESTILO PURATITÍ, complementos para o cabelo
  • LECHANELAS, textil
  • MARBLU, bolsos
  • MICO DISEÑO TEXTIL, textil
  • POLO CORREO DO VENTO, contos
  • PASELOQPASE xoiería e textil
  • RACATAPLAN textil infantil
  • SARISVECOUTURE textil
  • SWEET PARIPÉ calecetíns
  • WILD MARMELO, ilustración
  • XIRO, jeans ecolóxicos

Compartir publicación: