Search
Close this search box.

Os veterinarios reúnense no Pazo dende o xoves no sexto congreso anual

O Pazo da Cultura acollerá este xoves, por sexto ano consecutivo, o Congreso Vetnoroeste no que se darán cita arredor de 400 veterinarios de toda Galicia, do Estado e de Portugal.

Nesta ocasión abordarán os temas emerxentes en veterinaria como a leshmaniosis, técnicas novas como os TAC ou novidades en traumatoloxía.

O congreso está dividido en obradoiros que se celebrarán o xoves pola tarde e o venres pola mañá, e o propio congreso que comezará na tarde do venres coa conferencia do recoñecido cardiólogo italiano Claudio Bussadori.

Programa de Veterinarios

Compartir publicación: