Search
Close this search box.

O modelo Pontevedra chega ao barrio da Seca e a Cerponzóns

  • A reforma do cruzamento das rúas Fernando Olmedo, Casimiro Gómez e A Seca creará unha praza arborada e circuítos peonís seguros e definirá un aparcamento en batería
  • O novo núcleo de centralidade de Pidre terá unha praza elevada no entorno do centro social e deixará o tránsito rodado confinado nos estremos

O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, presentou  dúas novas actuacións, dúas obras que “son a posta en práctica do modelo Pontevedra”: a reforma do cruzamento de Fernando Olmedo, Casimiro Gómez e A Seca e o novo núcleo de centralidade de Cerponzóns. “As dúas amosan como o modelo Pontevedra pouco a pouco vaise universalizando por todo o concello, no centro mais tamén nos barrios e parroquias”.

Demetrio Gómez deu conta dos proxectos á Comisión municipal de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos. As dúas actuacións teñen “elementos comúns” , os que definen os estándares de calidade urbana que fan de Pontevedra un exemplo no mundo, inda que cada caso aplica o modelo coas características propias que esixe o ámbito da obra.

Nas dúas actuacións, sinala o concelleiro Demetrio Gómez, o modelo Pontevedra recoñécese polos seguintes elementos:

  • priorizan o tránsito peonil
  • confinan e calman o tráfico rodado
  • teñen alta calidade urbana
  • gañan espazo público para a relación veciñal, o convivio, a actividade económica e o lecer

Cruzamento de Fernando Olmedo, Casimiro Gómez e A Seca

A actuación prevista no entorno da Seca vai a eliminar a caótica bolsa de aparcamento que hai no cruzamento e ordenar este espazo urbano de tal xeito que

  • xérase unha nova praza arborada e novos circuítos peonís seguros e deixa preparada a rúa da Seca para ampliar no futuro as súa beirarrúas
  • calmarase o tráfico e crearanse 19 aparcamentos en batería en sentido contrario á circulación, confinado no estremo; lombos e inverterase o sentido no camiño Vello de Castela con lombos
  • dotarase da máxima calidade construtiva

A obra ten un orzamento de 224.967,44 euros.

Núcleo de centralidade de Cerponzóns (hai un erro na caixa dos planos onde pon Cerponzóns

Crearase un novo espazo de convivio (unha praza) para a veciñanza con alta calidade urbana -eliminación de barreiras, novo arborado, mellora do parque infantil-  no entorno do centro social. A nova praza que resulta da obra estará a nivel garantindo deste xeito a accesibilidade de todos e todas.

  • o calmado de tráfico inclúe o confinado do tránsito de vehículos no estremo do núcleo de centralidade con sentido único de circulación,  con barreiras e calmado con lombos.

A obra está orzamentada en 219.625,49 euros.

Os dous proxectos non están pechados ao 100% aínda que xa poderían ir a contratación. Falta, indicou o concelleiro Demetrio Gómez, a súa presentación diante dos veciños/as co fin de ver se o resultado coincide co negociado previamente. Hoxe martes 16 de maio está convocado o Consello parroquial de Cerponzóns, ás 20.30 horas e o martes, 22 de maio (ás 20.30 horas) hai convocada unha asemblea veciñal na Seca (no Galicia 2000)

Compartir publicación: