Pontevedra volverá a celebrar a Semana Europea da Mobilidade, neste ocasión do 16 ao 22 de setembro, co apoio do Concello pero cunha chea de actividades promovidas polos colectivos Pedaladas/Masa crítica, autobuses Rías Baixas, Colectivo Dinamo e a empresa Turiña. O obxectivo é concienciar á poboación da necesidade de empregar métodos de transporte sostibles e colectivos.
A programación é a seguinte:
- Xoves, 15 de setembro: Documental “La era de la estupidez”, na Casa da Luz ás 19.00 horas.
- Venres, 16 de setembro
- Cunca e nécora noitiña. Reservas : turinapontevedra@gmail.com
- Revisión gratuíta da bicicleta en Motobike: Pasar por Motobike entre as 10.00 e as 11.00 horas e revisan a bicicleta de balde. Camiño vello de castela, 4. Tlf: 986 86 44 19
- Sábado, 17 de setembro
- Cunca e nécora: Reservas: turinapontevedra@gmail.com
- Apúntate gratis ás Puerto Rutas BTT: Vai a “El puerto Bike Work Shop” na rúa Domingo Andrade, e anótate ás rutas de iniciación á bicicleta de montaña. Tlf: 986 10 23 49
- Autobús de balde para menores de 18 anos con Autocares Rías Baixas.
- Domingo 18 de setembro: Autobús gratis para menores de 18 anos con autocares Rías Baxias
- Luns, 19 de setembro
- 2×1 coa tarxeta monedeiro en Autocares Rías Baixas
- Curso de mecánica básica para bicicletas. Curso orientado a novatos para axustar os elementos básicos da bicicleta e pequenas reparacións. Curso: doazón de alimentos para ONGs ou axuda a Pedaladas para costear novas actividades. No Centro Social Leste ás 19.00 horas.
- Martes, 20 de setembro
- Charla na Universidade de mobilidade sostible
- Apúntate ao Bike coaching de Pedaladas: Praza de España ás 11.00 horas. Anótate en masacriticapontevedra@gmail.com
- Mércores, 21
- Evento do autobús
- Apúntate ao Bike coaching de Pedaladas: Praza de España ás 11.00 horas. Anótate en masacriticapontevedra@gmail.com
- Xoves, 22 de setembro
- Autobús de balde coa tarxeta de transporte de Rías Baixas
- O día sen coches. Vai á escola, a traballar ou de tendas a pé, en bicicleta ou no transporte público.
- Reunión ciclistas na Peregrina ás 20.00 horas. Masa Crítica
- Do 16 ao 22 de setembro
- Fai os teus envíos con Ecomensaxería Pedaleando cun 10% de desconto
- Vai comprar á Óptica Martínez en bicicleta. Se vas coa bici á Óptica Martínez terás un desconto do 5%. Nas rúas Sagasta e Riestra
- Green Campus. Reutilización de bicicletas