Os vindeiros días 29 e 30 de xullo celébrase a segunda edición de Paseantes, unha iniciativa promovida polo departamento de Festas do Concello de Pontevedra e que ten como finalidade achegar diferentes estilos musicais á cidadanía.
Para iso, durante estes dous días haberá un conxunto de actuacións musicais a pé de rúa, en diferentes lugares e prazas emblemáticas da zona vella de Pontevedra, gratuitas e abertas para todos os públicos.
Un dos elementos fundamentais deste proxecto é facilitar o acceso a músicas que non son tan habituais na escea “tradicional” e permitir que persoas que pasean pola rúa poidan desfrutar da cidade doutra forma, xogando especialmente co factor sorpresa.
Nesta edición combínase diferentes estilos musicais, dende o Jazzd de Alberto Vilas Quartet, até a música clásica que amosará o Quitento Rubato, pasando pola música máis tradicional pero moderna á vez de Cristian Silva, soul de Lákazans, etc.
Algúns dos artistas convidados son de Pontevedra, como a cantautora Palito coas súas cancións reflexivas e irónicas sobre aspectos cotidianos, que estará na Praza da Leña á hora do vermut do venres.
Outra muller enigmática é a compositora galego-suiza Nastasia Zürcher, que actuará o venres ás 22:30 na Praza de Ourense, artista cunha ampla formación músical dende que é pequena.
Nesta edición apostouse pola calidade dos intérpretes, pola variedade de estilos, e quíxose facer fincapé na paridade, promovendo a presenza de mulleres na escea.
Pontevedrá e un espazo moi axeitado para a celebración deste tipo de iniciativas e agardamos que a cidadanía o disfrute.