Search
Close this search box.

Aberto o prazo para solicitar axudas de emerxencia para material escolar de infantil até novembro

A Concellaría de Benestar Social Municipal abriu este mes de xullo as axudas de emerxencia social para equipamento escolar do curso 2016/17 para os escolares que cursal Educación Infantil.

A contía por neno escolarizado será de 100 euros. E os conceptos que poderá financiar esta axuda son: roupa e calzado escolar, mochilas, libros, libretas, folios…

As axudas outorgaranse seguindo os criterios das axudas de emerxencia social, se ben poderán compatibilizarse con outras axudas destinadas a outros conceptos.

O período de tramitación destas axudas irá de xullo a outubro, ambos meses incluídos.

Compartir publicación: