O Concello investirá ao redor de 80.000 euros en catro obras en Mourente. O concelleiro Alberto Oubiña reuniuseco consello parroquial co fin de informarlles sobre estas obras e outras actuacións de interese previstas e recoller novas suxestións que axuden a mellorar a zona e a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.
As vindeiras obras aunciadas polo concelleiro delegado da parroquia son o arranxo integral da pista que une Os Areais e Cons, melloras na rúa dos Cantos, a canalización da pista na Condesa, a recollida de augas do Camiño Vello en Carabelos.
A pista dende Os Areais a Cons en unha obra caulificada de “prioritaria” pola veciñanza. O proxecto ten un custe de 60.288 euros e está xa no servizio de Intervención para a súa aprobación. Trátase da reparación integral da pista, adaptándoa ao standar de calidade urbana e inclúe:.Recollida de augas pluviais e construcción de cunetas de formigón
- Levantamento de tapas de sumidoiros ata o nivel da pista
- Limpeza
- Drenaxes en zonas onde nace auga para evitar que se dane a estrada
- Sinalización vertical e horizontal
- Arranxo dos sobreanchos da pista
- Asegurar as entradas das vivendas
- Asfaltado
-
Construción de dous reductores de velocidade (lombos)
Rúa dos Cantos. Neste caso o proxecto ten cun custe aproximado 12.000, euros e inclúe a recollida de augas e a súa canalización por debaixo da rúa coa colocación de reixas casa 50 cm, así como o desbroce dunha zona de terras que estreita o camiño.
Canalización da pista na Condesa. A obra continúa coa canalización que xa comenzara o ano pasado. Os traballos teñen un custe aproximado 6.000,00 euros.
Recollida de augas do Camiño Vello en Carabelos. Neste caso a obra xa está en maarcga e rematará nunha ou dúas semanas. Trátase de facer as canalizacións laterais para a recollida de augas e eliminación dunha zona de empozamento.
-
Ademais o concelleiro delegado de Mourente informou aos representantes veciñais dunha serie de cuestións de interese para a parroquia como o inicio da campaña de bacheo e desbroce, o remate da pista de petancas dos Campos e os avances na pista de petanca dos Areais ou dos pasos que se están a dar para facer o saneamento proxectado na parroquia. Até 60 empresas presentaron ofertas,
Por outra banda o concelleiro Alberto Oubiña tomou nota no Consello parroquial de queixas e suxestións feitas polos veciños e veciñas. Todas elas serán avaliadas.