Search
Close this search box.

Noites Abertas mantén a súa actividade o venres de Entroido

A mellor oferta de lecer para a mocidade, estará esta fin de semana nas Noites Abertas, que a pesar do Entroido, mantén a súa actividade este venres. As propostas son as seguintes:

  • FROEBEL
    • 20:00-22:00h. Esgrima e loita escénica
    • 20:30-00:00h. Tenis de mesa libre
    • 21:00-23:00h. TeleNoites
    • 21:00-23:30h. DiY: do it yourself, roupa e decoración
    • 21:30-23:30h. Limpadores ecolóxicos
    • 22:00-00:00h. Quidditch Muggle
    • 22:00-00:00h. Maquillaxe de terror
    • 22:00-00:00h. Dillo cunha galleta!
  • CASAZUL
    • 20:00-21:30h. Taichí e chikung: artes marciais internas
    • 20:30h. Videomatón Noites Abertas
    • 21:30-23:30h. Breakdance
  • LOCAL DE MÚSICA
    • 20:00-22:00h. Rap iniciación
    • 21:00-22:00h. Percusión tradicional: pandeireta, pandeiro, tambor, tarrañolas…

Formación en igualdade

Cabe lembrar que a presente edición de Noites Abertas traballa tamén no eido da igualdade con varios proxectos, como un curso de Formación en igualdade para o monitorado e persoal do programa. A primeira sesión celebrouse o pasado 31 de xaneiro, e nela participaron 17 monitores e monitoras.

Están previstas outras xornadas informativas os días:

  • 23 de febreiro, de 16.30-20.30 horas no Pazo da Cultura
  • 12 de marzo, de 10 a 14 horas na Casazul.

É unha formación de balde, de curta duración, que terá continuidade na Escola de Igualdade de Pisando Forte.

Compartir publicación: