Tres empresas privadas asinaron hoxe co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, convenios de patrocinio para a realización de actividades no Pazo da Cultura por valor de 13.000 euros. Son pequenas cantidades en relación co orzamento do organismo autónomo – 1,4 millóns- pero como subliña o alcalde “todos os miles de euros que cheguen son importantes”.
Os convenios asinados foron os seguintes:
. Distribuciones Froiz SA aportará 6.000 euros (a mesma cantidade do pasado ano)
.Viaqua , 4.000 euros (a mesma cantidade)
. Unha terceira que quere manterse no anonimato, 3.000 euros.
Como contra prestación ás colaboracións económicas, o Organismo Autónomo Pazo da Cultura comprométese a que o nome da empresa se insira en toda a publicidade e programas de man das actividades que se pacten, na orde que veña determinada pola cantidade económica aportada. Ase mesmo a empresa poderá dispor dun espazo de promoción no vestíbulo do Auditorio.