A Concellaría de Normalización Lingüística inicia mañá os obradoiros do programa Apego coas xornadas de formación sobre materiais didácticos en galego para educación infantil. Será na Casazul, de 16 a 20 horas. Esta xornada terá continuidade o 19 de novembro.
A xornada está destinada a:
- persoal educador nas escolas infantís (0 a 3 anos)
- profesores/as de educación infantil (3 a 6 anos)
- estudantes e/ou profesionais titulados en educación infantil
Os contidos da xornada serán os seguintes:
- Música: presentación de discos, recursos na rede e actividades concretas para traballar coa música nas escolas infantís
- Xogo: repaso a unha escolma de material arredor do xogo e o movemento, desde os tradicionais ás novas tecnoloxías
- Así está a lingua: analizarase conxuntamente a situación do galego, cun breve debate e choiva de ideas
- Audiovisual: analizarase diverso material audiovisual en galego, traballando propostas de uso
- Facemos unha historia: os contos tradicionais e algunha dinámica concreta servirán para elaborar creacións propias coas que traballar posteriormente
- Libros de contos: repaso a unha escolma de interesantes e prácticos libros de contos, ordenados por idades e coleccións
- Contos dixitais: escolma de ferramenmtas dixitais e aplicacións e para traballar os contos
- Libros didácticos: ordenados por idades
- Presentación do portal de recursos ALÍ
Xornada micoloxía e lingua en Verducido
Por outro lado, a Concellaría tamén organiza mañá o terceiro dos obradoiros micolóxicos Micoloxía e lingua no EEI de Verducido. A programación é o seguinte:
- Ás 9.30 horas Amancio Castro e Xaime Blanco impartirán a charla: “Os cogomelos de Verducido”
- Ás 10 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia
- A seguir, montarán unha exposición cos cogomelos recollidos.