O alcalde Miguel Fernández Lores asinou hoxe con Ramón Correa, en nome do Banco Sabadell-Gallego un crédito de 2.885.000 euros para o Concello de Pontevedra. O préstamo ten un diferencial do 0,52% e un tipo de intereses efectivo do 0,45%
“Somos un cliente fiable” dixo Fernández Lores quen engadiu que a proposta desta entidade financeira foi a mellor das presentadas ao concurso e que conta cos informes pertinentes de Intervención e Secretaría.
Os cartos do préstamo servirán para executar distintas obras antes de que remate o ano e para co financiar algunhas actuacións no 2016. Adicaranse a obras na rede de sumidoiros, na mellora da mobilidade urbana, na cuberta do pavillón de deportes, na rehabilitación integral de rúas, en edificios e outras construccións e no convenio con Acuaes para o novo abastecemento de agua de Pontevedra e ría.
O Banco Sabadell-Galleg ten detrás unha historia de fusión o que explica unha presenza grande en Galiza como banco de empresas. É un dos que ten maior volume de actividade con empresas en Galiza e probablemente na provincia de Pontevedra.
A partir de hoxe se pode executar o crédito.